Comienzo del curso
Solicita información
Oferta de Empleo Público 2022, 2023, 2024
Oposición Subalterno

TEMARIO
PARTE COMÚN
TEMA 1. Constitución española de 1978: Título preliminar. Os dereitos e deberes fundamentais, as súas garantías e suspensión. Estatuto de Autonomía de Galicia: Título preliminar. O Parlamento, a Xunta e o seu Presidente.
TEMA 2. O municipio: concepto e elementos: Territorio e poboación. Organización. Competencias. O réxime de organización dos municipios de gran poboación: ámbito de aplicación. Organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios. Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido la Lei reguladora das Facendas Locais: Recursos das facendas locais: Enumeración. Imposición e ordenación dos tributos locais. Taxas. Prezos públicos.
TEMA 3. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Disposicións xerais. Dos interesados no procedemento. Da actividade das Administracións Públicas. A revisión de actos en vía administrativa: revisión de oficio. Recursos administrativos.
TEMA 4. Lei 7/2023, de 30 de novembro, para a igualdade efectiva de homes e mulleres de Galicia. Título I: Dereito a Igualdade entre mulleres e homes.
TEMA 5. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Obxecto, ámbito de aplicación e definicións. Dereitos e obrigas. Servizos de prevención. Consulta e participación dos traballadores.
PARTE ESPECÍFICA
TEMA 1. Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I: Obxecto e ámbito de aplicación. Título III: Clases de persoal.
TEMA 2. Dos actos administrativos: Requisitos dos actos administrativos. Eficacia dos actos. Nulidade e anulabilidade. Correspondencia: tipos de envíos. Franqueo. Certificados. Xustificantes de recepción. Telegramas. Reembolsos. Xiros.
TEMA 3. A atención ao cidadá. Recepción e telefonía. Vixilancia e control ás persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais.
TEMA 4. Traballos con materiais e maquinaria de oficina. Reprografía. Destrución de documentación. Ensobrado. Etiquetaxe. Guillotinado. Encadernación. Grampado. Tradeado. Tipos de papel.
TEMA 5. A documentación administrativa. Descrición dos principais documentos: instancia, certificado, anuncio, informe, resolución, comunicación y notificación.
TEMA 6. Ordenanza reguladora da administración dixital no Concello da Coruña: Dereitos e deberes da cidadanía en relación coa administración dixital. Rede de apoio á administración dixital. Notificacións.
TEMA 7. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno: Transparencia da actividade pública. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro
Para seren admitidas na realización das probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, ademais dos que se establezan nas correspondentes bases específicas:
a) Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no
suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
b) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, dos órganos constitucionais ou dos órganos estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en situación
de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa foi separada
ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao
emprego público nos termos anteriores.
e) Posuír a titulación esixida nas correspondentes bases específicas ou estar en condicións de obtela. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial
que acredite, no seu caso, a homologación.
f) De conformidade co artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, será requisito para o acceso e exercicio de calquera profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con persoas menores de idade, o non ser condenado por sentenza firme por calquera delito contra a liberdade e indemnidade sexuais tipificados no título VIII da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, así como por calquera delito de trata de seres humanos tipificado no título VII bis do Código penal. Para ese efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
PROCESO SELECTIVO: OPOSICIÓN
Primeiro exercicio:
Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test, nun tempo máximo de 90 minutos, de 70 preguntas, máis 7 preguntas de reserva, con catro alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario anexo a esta convocatoria. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio. Este cuestionario será elaborado polo tribunal inmediatamente antes do comezo da proba. A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos 2 meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no BOP.
A puntuación de cada pregunta será a seguinte:
a) Cada resposta correcta puntuará un punto
b) Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos
c) As preguntas deixadas en branco non descontarán puntuación
O exercicio será cualificado cunha nota final de 0 a 30 puntos, sendo necesario alcanzar unha nota mínima de 15 puntos para superalo. As persoas aspirantes que non acaden esta nota mínima serán eliminadas.
Segundo exercicio:
Consistirá en resolver, nun tempo máximo de 120 minutos, un suposto práctico, a elixir entre dous propostos polo tribunal, relativo aos contidos das materias comprendidas na parte específica do temario anexo e as funcións da praza convocada.
Este exercicio será cualificado cun máximo de 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos.
As persoas aspirantes que non acaden esta puntuación mínima serán eliminados. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para acadar a devandita puntuación mínima.
Terceiro exercicio:
proba de coñecemento da lingua galega. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes estar en posesión do Celga 2 ou título equivalente
debidamente homologado.
O exercicio consistirá na tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, nun tempo máximo de 60 minutos.

¿Por qué prepararte con Centro Estudio Oposiciones?
Cuota mensual sin permanencia
Sin matrícula
Dónde quieras y cuándo quieras
Docentes en activo
Técnicas de estudio innovadoras
Coaching y preparación
Clases intensivas
Temas impresos enviados a domicilio
Temario actualizado
Preparación de todas las pruebas
Mas de 30 años formando opositores. A lo largo de todo este tiempo, y gracias a los buenos resultados obtenidos por nuestros alumnos, hemos ampliado la oferta de formación en más categorías, diferentes Administraciones y Comunidades Autónomas; y, lo que es más importante, desarrollado y perfeccionado el método de formación con el objetivo de ir siempre por delante de las necesidades de un futuro opositor.
Puedes contactar con nosotros…
… Por correo electrónico
… Por Whatsapp
604 001 567
O solicitar una llamada…