Temario Médico Atención Primaria SERGAS

Academia líder en la preparación de oposiciones sanitarias (funcionarios y personal estatutario)

Nuestros alumnos consiguen los primeros puestos ¡Únete a ellos!

¿Sabías que...

... para preparar una oposición no sólo necesitas los temas o el preparador?
Método Centro Estudio Oposiciones
33%
Preparación exclusiva de temas
33%
Profesionales docentes
33%

Por eso, en Centro Estudio Oposiciones tenemos un método propio, adaptado a categorías y Administraciones; en el que los temas, desarrollados exclusivamente por los profesionales docentes, forman parte del conjunto de la formación.

¡No te conformes con menos!

SERGAS (Servizo Galego de Saúde)

Temario Oposición Médico de Atención Primaria
SERGAS

Parte I. Legislación

  1.  A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
  3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
  4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
  5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
  7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
  8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Parte II. Específico

  1. Bioética: principios fundamentais: dilemas éticos. Os comités de ética. Normas legais de ámbito profesional. O segredo profesional. O consentimento informado. As instrucións previas. O traballo en equipo. Deber de non abandono.
  2. Epidemioloxía. Conceptos xerais. Aplicacións en atención primaria. Deseño de estudos clínicos epidemiolóxicos. Medidas de frecuencia, de asociación e de impacto, Epidemioloxía observacional descritiva: estudos de prevalencia. Epidemioloxía observacional analítica. Estudos de cohortes e de casos e controis. Epidemioloxía experimental.
  3. Programa de atención á infancia: control do neno san. Vacinacións infantís. Patoloxías relacionadas co crecemento e o desenvolvemento psicomotor. Actividades de prevención e promoción da saúde na infancia e na adolescencia, detección de factores de risco. Prevención de condutas de risco.
  4. Urxencias en pediatría. Choro persistente do lactante. Vómitos e diarrea na infancia. Febre e convulsións na infancia. Patoloxía respiratoria na infancia. Maltrato infantil. Atención ao menor non acompañado.
  5. Programa da muller: embarazo, parto, puerperio, detección precoz do cancro xinecolóxico e de mama. Atención á menopausa. Planificación familiar.
  6. Actividades preventivas no adulto: hábitos de risco, vacinacións, criba de enfermidades crónicas, detección precoz do cancro.
  7. Actividades preventivas no ancián: valoración xeriátrica global, detección do ancián de risco (fráxil).
  8. Estratexia de atención á cronicidade. A xestión da enfermidade crónica: abordaxe integral (biolóxica, psicolóxica e social) da cronicidade. Continuidade dos coidados. Abordaxe multidisciplinar da cronicidade e minusvalidez: papel dos distintos profesionais implicados. Promoción da saúde: estratexias de prevención e atención da cronicidade. Estratexias de prevención de ingresos e reingresos hospitalarios. Corresponsabilidade, autocoidado e autoprescrición responsable compartida. Paciente experto e paciente activo. Paciente pluripatolóxico e polimedicado. Abordaxe da medicación en pacientes crónicos (criterios start/stop).
  9. Condutas de risco aditivo. Patróns de consumo. Prevención, detección e tratamento de toxicomanías. Tabaquismo. Alcoholismo, fármacos e substancias de consumo non legal. Intoxicacións e síndromes de dependencia.
  10. A saúde mental en atención primaria: actividades preventivas e rehabilitadoras. Ansiedade. Depresión. Manexo e prevención da autólise. Axitación psicomotora, crise psicótica. Cadro de manía e hipomanía. Esquizofrenia. Trastorno bipolar. Trastornos da conduta alimentaria.
  11. Orientación diagnóstica e terapéutica do síndrome febril.
  12. Patoloxía neurolóxica en atención primaria. Diagnóstico diferencial de mareos e cefaleas. Demencias e cadros confusionais. Orientación de tremor, epilepsia, alteracións do nivel de conciencia. Enfermidade de Parkinson. Trastornos do sono. Manexo diagnóstico e terapéutico da parálise facial.
  13. Manexo diagnóstico e terapéutico dos problemas otorrinolaringolóxicos: rinorrea, disfonía, otalxia e otorrea, xordeira e acúfenos e tumores otorrinolaringolóxicos. Odinofaxia.
  14. Atención a situacións urxentes en ORL: epistaxe. Síndrome vertixinosa.
  15. Manexo diagnóstico e terapéutico do paciente con pirose, náuseas, vómitos, refluxo gastroesofáxico. Dispepsia. Diarrea. Melenas e rectorraxia.
  16. Manexo diagnóstico e terapéutico da enfermidade ulcerosa péptica. Manexo diagnóstico da sospeita de patoloxía tumoral no aparato dixestivo.
  17. Atención ao paciente con dor abdominal aguda, crónica e recidivante. Diagnóstico diferencial da dor abdominal.
  18. Patoloxía oftalmolóxica en atención primaria. Diagnóstico diferencial do ollo vermello. Diagnóstico diferencial e manexo da dor ocular. Principios básicos da interpretación dunha retinografía. Urxencias oftalmolóxicas. Glaucoma e cataratas.
  19. Enfermidades hematolóxicas en atención primaria: manexo diagnóstico e control evolutivo das anemias. Manexo da anticoagulación oral: indicación de fármacos e niveis óptimos de anticoagulación segundo patoloxía.
  20. Manexo diagnóstico e control evolutivo das infeccións e alteracións pigmentarias da pel. Lesións eritematosas. Prurito. Lesións dermatolóxicas malignas ou premalignas. Principios básicos da interpretación dunha dermatoscopia.
  21. Patoloxía traumatolóxica en atención primaria: escordaduras, luxacións e manexo inicial das fracturas.
  22. Manexo do paciente con: traumatismo cranioencefálico, traumatismo torácico, traumatismo abdominal. Atención inicial ao paciente politraumatizado.
  23. Patoloxías nefrolóxicas e urolóxicas en atención primaria. Incontinencia. Disuria. Problemas da función renal e vías urinarias: hematuria e microhematuria. Proteinuria e microalbuminuria. Síndrome prostática. Cólico renal e urolitiase. Incontinencia urinaria. Retención urinaria. Disfunción eréctil. Insuficiencia renal leve-moderada. Cancro renal, vesical e prostático.
  24. Manexo diagnóstico e terapéutico das infeccións: pneumonía, tuberculose, VIH, infeccións de transmisión sexual, hepatites víricas.
  25. A patoloxía cardiovascular en atención primaria: escalas de risco cardiovascular. Controis periódicos e obxectivos terapéuticos segundo risco cardiovascular.
  26. Cardiopatía isquémica. Insuficiencia cardíaca. Arritmias e valvulopatías. Diagnóstico, tratamento e seguimento en atención primaria.
  27. Interpretación electrocardiográfica en atención primaria.
  28. Abordaxe da hipertensión arterial en atención primaria: diagnóstico, enfoque preventivo, clínico e terapéutico. Uso de antihipertensivos en atención primaria. Medidas hixiénico-dietéticas. Criterios de derivación.
  29. A diabetes en atención primaria: enfoque preventivo, clínico e terapéutico.
  30. Abordaxe da hipercolesterolemia en atención primaria.
  31. Enfermidades cerebrovasculares: diagnóstico, prevención e tratamento en atención primaria. O Código Ictus.
  32. A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica en atención primaria: diagnóstico, control e seguimento. Patoloxía do sono.
  33. Control e seguimento da asma en atención primaria.
  34. Enfermidades osteoarticulares e musculoesqueléticas en atención primaria. Cervicalxia, lumbalxia e lumbociatalxia, dorsalxia, ombro doloroso, talalxia. Monoartrite e poliartrite. Osteoporose. Artrose. Infiltracións. Indicacións de fisioterapia do aparato locomotor. Manexo diagnóstico e control evolutivo da dor osteomuscular e articular. Dor crónica non oncolóxica.
  35. Control e seguimento dos trastornos da tiroide en atención primaria. Obesidade: prevención, complicacións e tratamento. Abordaxe familiar e psicosocial do paciente obeso.
  36. Control e seguimento das hepatopatías crónicas en atención primaria.
  37. Atención ao paciente con necesidade de coidados paliativos. Problemas psicosociais e de comunicación co paciente e a súa familia. Atención á dor, sedación, agonía e síntomas asociados. Tratamentos. Técnicas instrumentais frecuentes (manexo de fármacos por vía subcutánea e infusores). Atención domiciliaria.
  38. Atención á parada cardiorrespiratoria con e sen medios. Valoración da dor torácica.
  39. A cirurxía menor en atención primaria: infraestrutura e material básico. Asepsia e anestesia. Técnicas de cirurxía. Tipos de suturas. Patoloxía dermatolóxica abordada en cirurxía menor dende a atención primaria.
  40. Tratamento de urxencia de feridas, queimaduras, electrocución, conxelación e hidrocución.
  41. Manexo racional das probas diagnósticas en atención primaria. Uso racional do medicamento. Interaccións medicamentosas, fármacos no embarazo e na lactación, fármacos en situacións especiais (medicación compasiva).
Volver a la oposición >
Temarios de oposiciones de la misma categoría
#iguru_soc_icon_wrap_670826e142d54 a{ background: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142d54 a:hover{ background: #0e598f; border-color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142d54 a{ color: #0e598f; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142d54 a:hover{ color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142d54 { display: inline-block; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142f79 a{ background: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142f79 a:hover{ background: #0e598f; border-color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142f79 a{ color: #0e598f; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142f79 a:hover{ color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e142f79 { display: inline-block; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e152f18 a{ background: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e152f18 a:hover{ background: #0e598f; border-color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e152f18 a{ color: #0e598f; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e152f18 a:hover{ color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e152f18 { display: inline-block; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e153067 a{ background: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e153067 a:hover{ background: #0e598f; border-color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e153067 a{ color: #0e598f; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e153067 a:hover{ color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e153067 { display: inline-block; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_title { color: #ffffff; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper:hover .infobox_title { color: #0e598f; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_content { color: #ffffff; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper:hover .infobox_content { color: #5f5f5f; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_icon { color: #ffffff; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper:hover .infobox_icon { color: #0e598f; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper { background-color: #0e598f; }#iguru_infobox_670826e15723d:hover .infobox_wrapper { background-color: #f9f9f9; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper { border-radius: 10px !important; }#iguru_infobox_670826e15723d .infobox_wrapper{box-shadow: 6px 5px 25px 0px rgba(0,0,0,0.08);}#iguru_infobox_670826e15723d:hover .infobox_wrapper{ box-shadow: none; }#blog_module_670826e15dbe2.blog-posts .blog-post_title, #blog_module_670826e15dbe2.blog-posts .blog-post_title a { font-size:20px; line-height:25px; font-weight:600; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e15f445 a{ background: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e15f445 a:hover{ background: #0e598f; border-color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e15f445 a{ color: #0e598f; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e15f445 a:hover{ color: #ffffff; }#iguru_soc_icon_wrap_670826e15f445 { display: inline-block; }
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacío
    Abrir chat
    1
    ℹ️ ¿En qué podemos ayudarte?
    ¡Hola! ¿En qué podemos ayudarte?